ecografía

nome feminino

Unha ecografía é unha imaxe feita con ondas de son para ver algún órgano ou parte interna do corpo. A imaxe adóitase ver nunha pantalla. Por exemplo, cando unha muller está embarazada, fánselle ecografías para ver como está o bebé, aínda que tamén se poden facer ecografías noutras partes do corpo, como o fígado, o corazón, un óso ou os riles, para saber como están.