descomposición

nome feminino

A descomposición é a caca pouco sólida, mesmo líquida, que provoca dor de barriga. Cando tes descomposición, fas caca varias veces nun mesmo día. Nese caso, é recomendable comer arroz fervido, polo e mazá cocida, porque son alimentos que axudan a volver a facer caca de maneira normal. Ás veces, a descomposición é tan forte que tes que ir ao médico.

Tamén podemos usar diarrea e, de maneira máis popular, a palabra cagarría ou caca líquida.