estrinximento

nome masculino

O estrinximento é unha dificultade que ten unha persoa para facer caca. Cando tes estrinximento, tes dor de barriga porque queres facer caca e non podes. Os médicos recomendan que comas moita verdura e moita froita e que bebas moita auga para non ter estrinximento.