excremento

nome masculino, xeralmente úsase en plural, excrementos

Un excremento é a parte dos alimentos que o corpo non precisa e que expulsa polo ano. Os excrementos normalmente son marróns, poden ter texturas e formas diferentes e cheiran mal. Cando estamos enfermos, podemos expulsar excrementos moi líquidos e, popularmente, dicimos que temos cagarría ou diarrea.

Popularmente usamos caca.