tendinite
nome feminino
Unha tendinite é unha inflamación do tendón, que é como un conxunto de cordóns que unen os músculos cos ósos. Ás veces, cando fas moito exercicio físico, podes ter unha tendinite nalgún tendón do corpo que usas máis que outro. Se tes unha tendinite, un traumatólogo e un fisioterapeuta pódenche axudar.
Esta palabra vén do latín antigo tendin-, que significa ‘tendón’, e –itis, que significa ‘inflamación’.