vómito
nome masculino
O vómito é a comida do estómago que sacas pola boca mesturada con zume gástrico (que é o líquido ácido que fabrica o estómago para desfacer os alimentos) porque te atopas mal, porque comiches de máis e moi rápido ou porque te mareaches. Cando vomitas, podes ter dor de barriga e dor de cabeza. O vómito sabe mal.