fonendoscopio
nome feminino
Un fonendoscopio é un aparello que usan os médicos para escoitar os latexos do corazón e o ruído dos pulmóns cando respiramos ou cando tusimos. Desta maneira, poden saber se hai algunha cousa que non funciona ben. A miúdo, os médicos levan o fonendoscopio colgado no pescozo.
Esta palabra provén do grego antigo fon- , que significa “son”, endo- , que significa “dentro”, e –scopi , que significa “mirar”.
