hematoma

nome masculino

Un hematoma é unha mancha de cor azul que sae na pel cando damos un golpe e doe se o tocas. Ás veces, pode ser que saia un vulto, pero non sae nunca sangue. Ao principio, é de cor azul, pero, cos días, cambia de cor e pode ser lila, vermello ou amarelo.

Popularmente usamos mazadura ou negrón, pola cor que ten a pel durante uns días.

Esta palabra vén do grego antigo hemat-, que significa ‘sangue’, e –oma, que significa ‘tumor’ ou ‘inchazo’.