grupo burbulla

nome masculino

Nivel 1: Primaria

Un grupo burbulla é un grupo de persoas que se relacionan entre si e pasan moitas horas xuntas. Os grupos burbulla son moi comúns nos colexios e institutos porque os alumnos pasan moitas horas do día xuntos. Tamén se forman grupos burbulla na casa coas persoas coas que se convive. Illar os grupos burbulla permite reducir a transmisión dun virus ou enfermidade.

Nivel 2: ESO

Un grupo burbulla é un grupo de persoas que se relacionan entre si e pasan moitas horas xuntas. Fálase de grupos burbulla no contexto dunha pandemia e as persoas que os conforman teñen relacións estables entre si. Os grupos burbulla son moi comúns no ámbito educativo, onde existen grupos estables de alumnos que pasan moitas horas xuntos. Tamén se pode formar un grupo burbulla coas persoas coas que se convive. O obxectivo principal de illar os grupos burbulla é reducir a interacción con outros grupos para diminuír os riscos de transmisión dun virus ou enfermidade.