urina

nome feminino

A urina é un líquido que vén dos riles e que expulsamos do noso corpo pola uretra. Normalmente é de cor amarela. Se cando fas pipí notas moito proído, pode ser que teñas unha infección de urina. Nese caso, tes que ir ao médico para que che faga unha análise de urina.

Popularmente usamos pipí.