análise de urina

nome feminino

Unha análise de urina é unha revisión que consiste en examinar o pipí para mirar se estás ben ou non de saúde. Primeiro tes que facer pipí nun bote pequeno e en forma de cilindro. Logo ese pipí examínase e así pódese saber, por exemplo, se tes algunha infección ou algunha enfermidade.