análise de sangue

nome feminino

Unha análise de sangue é unha revisión que consiste en examinar o sangue para comprobar se estás ben ou non de saúde. Cando che fan unha análise de sangue, o enfermeiro sácache sangue cunha xiringa e despois obsérvano e analízano. Cunha análise de sangue pódese saber, por exemplo, se tes demasiado azucre ou pouco ferro no corpo.