amigdalite
nome feminino
A amigdalite é unha infección das amígdalas, que son dúas glándulas que temos no pescozo. Cando están infectadas por axentes infecciosos como virus ou bacterias, inflámanse e arróibanse. Isto fai que che doia a gorxa, sobre todo cando bebes ou comes. Ás veces, podes ter febre ou estar afónico. Cando tes amigdalite, tes que beber moita auga, descansar e ir ao médico. Se non te curas ben, pode ser que teñas que operarte.
Esta palabra vén do grego antigo amigdal-, que significa ‘abelá’, pola forma que teñen as amígdalas, e –itis, que significa ‘inflamación’.
Popularmente usamos dor de gorxa, aínda que non sempre que temos dor na gorxa temos amigdalite. Ás veces, os médicos tamén poden usar farinxite, que é unha palabra especializada que vén do grego antigo faring-, que significa ‘farinxe’, e –itis, que significa ‘inflamación’.