dor de gorxa
nome feminino
Unha dor de gorxa é unha dor que tes na parte interna do pescozo por causas moi distintas, por exemplo, porque tragaches algunha cousa moi dura ou áspera, porque che pica por dentro, porque tes mocos, porque tes tose ou porque tes gana de vomitar.
Cando nos doe a gorxa por unha infección, os médicos usan a palabra amigdalite, que é unha palabra especializada.