anestesia
nome feminino
A anestesia é un líquido que se adoita inxectar cunha xiringa para durmir unha parte do corpo (nese caso chámase anestesia local) ou o corpo enteiro (entón chámase anestesia xeral) e así poder operarte sen que che doia. Cando che sacan unha carie, o dentista tamén che pon anestesia local. Se che teñen que operar o corazón, a anestesia ten que ser xeral.