enfermidade rara

nome feminino

Unha enfermidade rara é unha enfermidade pouco frecuente, que a teñen poucas persoas no mundo e que, normalmente, se coñece pouco. Mesmo os médicos a coñecen moi pouco, e por esa razón é rara. Normalmente, non hai demasiados medicamentos para tratala e os científicos teñen que investigar moito para saber máis cousas sobre a enfermidade e descubrir como curala. Algúns nenos que teñen unha enfermidade rara teñen que ir a miúdo ao hospital porque teñen que facerlles probas ou porque os teñen que curar, e por iso ás veces non poden ir á escola.

Tamén se usa enfermidade minoritaria, porque é unha enfermidade que afecta a moi poucas persoas.