respirador artificial

nome masculino

Nivel 1: Primaria

Un respirador artificial é unha máquina que se utiliza para axudar a respirar a unha persoa que non pode facelo por si mesma debido a unha enfermidade grave como pode ser unha infección por coronavirus. O respirador está conectado á persoa mediante un tubo que transporta osíxeno, e o tubo pode estar conectado a unha máscara que se pon diante da boca ou directamente na traquea.

Nivel 2: ESO

Un respirador artificial é un aparato que se utiliza para poder respirar en pacientes que non o poden facer por si mesmos. O respirador está conectado á persoa mediante un tubo que transporta osíxeno, e o tubo pode estar conectado a unha máscara que se pon diante da boca ou directamente na traquea.