distancia social

nome feminino

Nivel 1: Primaria

A distancia social é un espazo que hai que manter coas persoas próximas, sobre todo en espazos públicos, pechados ou abertos, como medida de protección para evitar os contaxios de enfermidades provocadas por un virus ou unha bacteria. A distancia recomendable é de 1 a 2 m.

Durante a pandemia da covid-19, foi unha práctica que se aplicou en lugares como colexios, hospitais, tendas ou cines. A distancia social supón evitar o contacto físico (por exemplo, bicos e apertas) e débese respectar con ou sen o uso de máscara.

Nivel 2: ESO

A distancia social é unha separación física de seguridade establecida entre persoas próximas, sobre todo en espazos públicos, pechados ou abertos, como medida preventiva na transmisión dun virus o unha bacteria. A distancia recomendable é de 1 a 2 m.

Durante a pandemia da covid-19, foi unha práctica normativa e unha acción de control sanitario para conter a propagación do coronavirus, aplicable especialmente en centros educativos, hospitais, comercios, medios de transporte e espazos de ocio. A distancia social supón evitar o contacto físico e débese respectar con ou sen o uso de máscara.

Tamén se pode denominar distancia física, distancia interpersoal e distancia de seguridade.